EVENTO

Afterwork at Home "Conectando on e off: marketplace para praceiros"

Mércores 18 de maio de 19:30 a 20:30h. Hora de Madrid.
Apertura de portas: 19:20h.

Érase unha vez un mundo no que a xente quería comer máis san, pero cada vez tiña menos tempo para ir á compra. Nesta charla Eduardo Sanjurjo, Xerente de Kibus, explicaranos como conectaron a centos de praceiros de 16 mercados de abastos de todo o país coa venda online, pondo en valor o coidado do medio ambiente e a defensa dunha alimentación sá.

Presentador: Juan Carlos Silva, Marketing Manager en Frinsa.

Para vivir a mellor experiencia en vidiv lembra acceder desde un ordenador que teña Chrome ou Safari, ter unha foto de perfil preparada e os teus auriculares favoritos a man.

Recomendacións